A Xunta de Galicia concibe o transporte público como eixo central do cambio cara á mobilidade do futuro. Falamos dunha forma de desprazarse comprometida coa natureza e coa sociedade galega.
A memoria anual do Plan de Transporte Público de Galicia analiza o funcionamento do transporte público interurbano por estrada xestionado pola Xunta de Galicia.
Con estes documentos reafirmámonos no noso afán de mellora continua, que se materializa en múltiples escenarios do transporte público de titularidade autonómica. Dan parte da mellora das condicións de mobilidade da cidadanía galega, duplicando dende 2016 o número de liñas, de paradas e de servizos en toda a comunidade.
Así, a memoria anual emprende unha radiografía da modernización da mobilidade galega a través da evolución Plan de Transporte Público de Galicia. E, coa importancia que presenta o novo transporte, realizamos este balance, que comprende un período anual, apostando decididamente polo autobús urbano como alternativa real para todos e todas, sen distinción.
Accede a memoria anual do Plan de Transporte Público de Galicia para te informar dos logros consolidados, as actuacións postas en marcha, o investimento sen precedentes por parte da Xunta de Galicia e o avance nos grandes proxectos que mellorarán as condicións de mobilidade das persoas usuarias.
Descarga, a través das seguintes ligazóns, a memoria anual publicada:
- Memoria xullo 2021/xuño 2022:
- Memoria xullo 2020/xuño 2021: