Desde a Xunta de Galicia, ofrécese ás persoas usuarias que utilizan o transporte público de Galicia a posibilidade de consultar o tempo estimado de chegada dos autobuses a unha parada concreta.
Cómo se pode consultar?
Na actualidade existen 2 formas distintas de acceso á información:
Horarios e Información teórica: actualmente pódense facer consultas para todos os contratos.
Cómo se pode visualizar a información teórica con respecto da información en tempo real?
Actualmente a información que se mostra pódese visualizar de 2 formas distintas. Para cada servicio móstrase a información de chegada en tempo real se está dispoñible, en caso contrario mostrarase o horario de chegada teórico. Na estimación en tempo real indicanse os minutos restantes para a chegada do autobús á parada, mentres que na información teórica inclúese a hora prevista de chegada á parada.
Por exemplo buscando pola parada "Praza de galicia (Ferrol)" pódense apreciar os seguintes resultados.
Marcado en azul, móstrase a hora de paso teórica do autobús pola parada.
Marcado en verde, móstrase o tempo de chegada real no cal o autobús debe chegar á parada, neste caso 9 minutos en ambas liñas.
Qué datos necesita introducir?
Para poder consultar a información é preciso indicar o nome da parada ou concello desexado.