A tarxeta Xente Nova virtual

A tarxeta Xente Nova no teu móbil

  • Se tes menos de 21 anos e tes unha tarxeta Xente Nova, proba o noso novo servizo: sen tarxeta, sen saldo e sen recarga.

Qué é?

  • Desde a Xunta de Galicia, ofrécese aos menores de 21 anos que utilizan algunha liña dos contratos habilitados (XG601XG605XG642XG658, XG662, XG695XG699XG701,XG703XG814XG881) e que dispoñen de tarxeta Xente Nova, a opción de realizar pagamentos mediante un código QR a través da aplicación de Transporte Público de Galicia.

Cómo conseguila?

  • Neste momento, o servizo de QR Xente Nova atópase nunha fase piloto, polo que, para acceder a esta versión, é necesario:
    • Dispoñer de una tarjeta Xente Nova física
    • Ter viaxado nunha das concesións obxecto do piloto nos últimos 6 meses

En qué concesións se encuentra dispoñible o piloto da tarxeta virtual no móbil?

Cómo acceder a tarxeta Xente Nova virtual?

  • Descarga a aplicación móbil: Podes descargala desde Google Play ou App Store.
  • Alta da tarxeta Xente Nova na aplicación: Accede á túa conta de transporte público de Galicia. Se cumpres cos requisitos para ser Xente Nova, poderás acceder á túa tarxeta Xente Nova Virtual no icono correspondente da aplicación.
  • Uso da tarxeta: Unha vez que configures a tarxeta virtual no teu móbil, poderás utiliza-la para acceder aos servizos de transporte público nas concesións mencionadas.

Cómo podo darme de alta na aplicación de QR Xente Nova?

  • Segue as instrucións proporcionadas no seguinte vídeo para configurar o teu perfil na aplicación e activar a tarxeta virtual no teu móbil.

 

Cómo viaxar?

  • No apartado de Xente Nova, preme en "Crear Viaxe". Para obter máis información, consulta o seguinte vídeo.

Consulta de preguntas frecuentes (FAQ)

Podo utilizar a tarxeta virtual no meu móbil tanto se teño un dispositivo Android como se teño un dispositivo iOS (iPhone)?

  • ¡Si! Podes utilizar a tarxeta virtual no teu móbil, xa sexa que teñas un dispositivo Android ou un dispositivo iOS (iPhone). O funcionamento da tarxeta virtual é consistente e non varía en función do sistema operativo do teu dispositivo. Tanto en Android como en iOS, poderás acceder e disfrutar dos servizos de transporte público entre os concellos ofertados polas concesións XG601XG605XG642XG658, XG662, XG695XG699XG701,XG703XG814XG881 da mesma maneira. Simplemente segue as instrucións proporcionadas para configurar e utilizar a tarxeta no teu dispositivo, independentemente da plataforma que utilices.

Preciso facer recargas de saldo na tarxeta para utilizar o QR Xente Nova?

  • Non, a aplicación está deseñada para a xeración de viaxes de forma sinxela. A aplicación está destinada a facilitar os viaxes desde calquera punto dentro da zona cuberta polo piloto.

Cando se abrirá a apertura do piloto a novos concellos ou nivel interurbano?

  • Por agora non existe planificación prevista para a apertura do piloto, pero iranse notificando polas vías habituais as novidades.

Qué tipos de erros me pode devolver ao pasar un QR polo lector?

  • QR Caducado.
  • QR Passback, é dicir, cando se intenta pasar o mesmo QR en dúas ou máis ocasións.

Que fago cando non me le o lector instalado no autobús o QR xerado pola tarxeta virtual?

  • Recorda que se no momento de validar o QR tes algún problema ao respecto, non te preocupes, podes validar o viaxe coa tarxeta física tal e como viñas facendo ata agora mantendo as vantaxes dispoñibles da propia tarxeta.

Facilidades para a lectura do QR

  • Brillo ao máximo, manter a 2 ou 3 cm o QR do lector.