No marco da modernización dos sistemas de transporte público de pasaxeiros, a Xunta de Galicia está a desenvolver a plataforma MoBT baseada nun sistema ABT (Account Based Ticketing, ou "Ticketing baseado en conta").
Con MoBT ofreceranse aos viaxeiros novos métodos de pago alternativos ao pago en efectivo e melloras con respecto á actual tarxeta TMG ou Xente Nova. Con MoBT poderás pagar os teus desprazamentos co móbil mediante un código QR e proximamente, cunha tarxeta bancaria ou a nova tarxeta MoBT.
Ademais, MoBT ofréceche un buscador avanzado que incluirá todos os servizos de transporte público de Galicia para que poidas planificar comodamente os teus desprazamentos.
Con MoBT búscase impulsar unha transformación dixital desde o punto de vista do usuario, que lle ofreza novos servizos, e avanzar cara a un transporte público dixital e sostible.
Vantaxes de MoBT
Con MoBT, os usuarios dispoñerán dunha conta na nube cun moedeiro virtual asociado. O saldo do moedeiro virtual poderase coñecer en cada momento a través da APP ou do portal web. Poderás recargar o teu moedeiro virtual desde o móbil e proximamente, desde a web ou a través da rede de caixeiros de Abanca. Ademais, poderás revisar o teu historial de viaxes a través da APP.
A gran vantaxe do novo sistema MoBT é que che aplicaremos os descontos aos que teñas dereito directamente sobre o importe para abonar no autobús. Deste xeito, se es usuario Xente Nova ou 65 viaxarás de balde e non che descontaremos saldo do teu moedeiro. Se tes dereito a descontos por recorrencia ou por ser familia numerosa, aplicarémosche o desconto directamente sobre o importe para abonar no autobús.
Tarxeta TMG | MoBT | |
---|---|---|
Moedeiro | Na tarxeta TMG | Na nube |
Recarga de saldo | A través da rede de caixeiros de Abanca |
A través do móbil Web e rede de caixeiros de Abanca (proximamente) |
Consulta de saldo | A través da rede de caixeiros de Abanca |
A través da APP Web (proximamente) |
Descontos | Cóbrase o importe completo do billete, reintegrando os descontos a través dunha recarga que hai que facer efectiva no caixeiro | Aplícanse directamente sobre o importe para pagar |
Únete a MoBT
Neste momento, MoBT atópase en fase piloto de pago con móbil a través dun código QR. Podes consultar aquí as liñas nas que xa está operativo MoBT. Se estás interesado en formar parte do piloto e beneficiarche das vantaxes desta nova forma de viaxar, únete a MoBT cubrindo o seguinte formulario.