AVISO IMPORTANTE: A XUNTA REORGANIZA AS LIÑAS ENTRE A CORUÑA E AS LOCALIDADES DE PEIRO, ORRO E BREGUA EN CULLEREDO

Mar, 08/02/2022

A XUNTA REORGANIZA DESDE O LUNS 14 DE XANEIRO AS LIÑAS DE AUTOBÚS QUE CONECTAN A CORUÑA COAS LOCALIDADES DE PEIRO, ORRO E BREGUA, NO CONCELLO DE CULLEREDO

O conxunto de adaptacións deseñadas pola Xunta e acordadas co Concello de Culleredo melloran a configuración do transporte público entre estes núcleos de poboación e a cidade da Coruña. Evitan, ademais, que os usuarios do Casal, Sésamo, Celas e Ledoño teñan que abonar os dous billetes que estaban a asumir nas súas viaxes cara á cidade. Ao ser unha liña circular, ata agora, os viaxeiros destes núcleos que chegaban á última parada do servizo debían pagar un segundo billete no reinicio da liña.

  • A liña circular que une actualmente Entrexardíns e estes núcleos de Culleredo substitúese por dous novos corredores que cubrirán a totalidade do percorrido: un pola zona de Celas e outro pola de Ledoño.
  • A nova configuración dos servizos, acordada co Concello, contará con frecuencias cada hora en ambos os sentidos, alternando durante toda a xornada o seu paso por Celas e por Ledoño.
  • Ademais de mellorar os servizos, evítase que os usuarios destes núcleos teñan que aboar dous billetes para viaxar á Coruña.
  • Amplíase a cobertura horaria dos autobuses que prestan servizo aos núcleos de Bregua e de Orro incrementándose, neste último caso, unha expedición máis ao día.
  • Nas fins de semana créase unha liña en cada sentido con cabeceiras en Tarrío e en Entrexardíns, que inclúe no seu itinerario todas as localidades da zona.