AVISO IMPORTANTE: NOVOS DESCONTOS NO TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA

Mér, 31/08/2022

NOVOS DESCONTOS NO TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA

A Xunta aplicará desde mañá 1 de setembro e ata o 31 de decembro, un desconto do 50% nos prezos do autobús autonómico e estenderá as rebaixas ao transporte da ría de Vigo e ao ferrocarril na área de Ferrol. A redución temporal do prezo, que mañá publicará o Diario Oficial de Galicia (DOG), aplicarase ás tarifas dos bonos mensuais, así como ás viaxes aboadas coas tarxetas de Mobilidade de Galicia.

Os autobuses urbanos de Pontevedra e Ferrol tamén se beneficiarán deste desconto, xa que a Xunta é responsable da prestación dos servizos nesas cidades

Podes consultar aqui toda a información sobre as tarifas e os novos descontos