Ficheiro | Tamaño | Extensión |
---|---|---|
Calculadora de Tarifas | 4.85 MB | xlsx |
Tarifas e bonos
- Billete sinxelo:
- Pagamento en efectivo: dende 1,50 euros, a tarifa aplicable dependerá da distancia entre os concellos de orixe e destino da viaxe
- Pagamento coa tarxeta TMG: desconto do 10 % e acceso ás bonificacións por recorrencia
- Bonos e bonificacións:
- A TARIFA XENTE NOVA, permite que calquera menor de 21 anos viaxe gratuitamente en toda a rede de transporte interurbano da Xunta de Galicia
- Bono 50 viaxes: mínimo 50 € ao mes, aplicando 50% de desconto sobre o prezo en efectivo, para ata 50 viaxes entre os mesmos concellos de orixe e destino
- Outros bonos mensuais (aplicables unicamente en certas relacións de tráficos. Na busca de servizos de bus.gal pode acceder aos bonos que sexan de aplicación para a súa viaxe):
- Bono de 26 viaxes: desconto do 75% do prezo en efectivo de 24 viaxes
- Bono de 46 viaxes: desconto do 75% do prezo en efectivo de 44 viaxes
- Bono 100 viaxes: 75€ ao mes
- Bono ilimitado: cun desconto do 50% e un prezo mínimo de 50 €
- Outros bonos: Información dos bonos ofertados polas concesionarias en cada concesión
Bonificación por recorrencia: ademais do desconto do 10% que se lle aplicará xa dende a primeira viaxe, terá dereito a unha bonificación do 25% a partir da viaxe número 21 que, no mesmo mes, faga entre os mesmos concellos e na mesma concesión pagando coa TMG; a partir da viaxe 41 esta bonificación increméntase ata o 50%.
Co Carné Xove tamén se pode acceder a bonificacións: pode atoparse información sobre o Carné Xove e en que contratos estaría dispoñible a súa utilización nesta páxina
Podes consultar o prezo das viaxes na calculadora que pon a disposición a Dirección Xeral de Mobilidade no apartado de adxuntos.
Adxuntos
Os billetes e os bonos pódense mercar a través da empresa concesionaria.
Pola súa parte, nesta páxina ten a información sobre como e onde acceder ás TMG e TMG Xente Nova, así como sobre o procedemento para a obtención das bonificacións que teñen asociadas