Aviso Legal e Condicións de Uso
Información Xeral
A Xunta de Galicia lanza un programa de Beta - Testing da solución Xente Nova QR dentro do contexto das líñas do Autobús Metropolitano de Ferrol (XG642) a través da aplicación "Transporte Público de Galicia" antes do seu lanzamento oficial a menores de 21 anos. Para participar neste programa piloto da tarxeta Xente Nova QR, é necesario que a persoa usuaria dispoña dunha tarxeta física Xente Nova e sexa menor de 21 anos. O propósito fundamental desta iniciativa é avaliar a usabilidade e funcionalidade da nova solución Xente Nova QR.
As persoas usuarias poderán seguir utilizando a súa tarxeta física Xente Nova naquelas liñas que non acepten a tarxeta Xente Nova QR. Para o cálculo das bonificacións aos usuarios teranse en conta as viaxes realizadas tanto pola tarxeta física coma pola virtual ata un máximo de 60 viaxes ao mes. O uso fraudulento das tarxetas, por exemplo pagar dous billetes en servizos que se prestan ao mesmo tempo en lugares xeograficamente separados, dará lugar á baixa inmediata do usuario no piloto e á perda das bonificacións ás que tivese dereito.
Acceso e Contido
Ao utilizar o servizo "Xente Nova QR" dentro da aplicación de “Transporte Público de Galicia”, acéptanse plenamente os termos e condicións aquí establecidas. O acceso á aplicación implica a aceptación completa por parte das persoas usuarias.
O servizo Beta - Testing “Xente Nova QR” e todas as súas funcionalidades son propiedade da Xunta de Galicia e permiten:
a) Acceder ás ferramentas autorizadas, probalas, opinar e proporcionar comentarios, informar sobre erros (bugs) ou achegar suxestións para mellorar, brindando retroalimentación ao equipo de desenvolvemento sobre a experiencia da persoa usuaria.
b) Descargar a documentación do proxecto para uso exclusivamente privado, dentro do ámbito doméstico da persoa usuaria.
c) Acceder a noticias relevantes sobre futuras funcionalidades.
d) Comentar, informar sobre erros e compartir ligazóns relacionadas co proxecto en ferramentas de colaboración corporativas ou correos de soporte.
e) Enviar mensaxes ao equipo do proxecto relacionados co mesmo.
A utilización do Servizo ten carácter persoal e intransferible.
Resérvase o dereito de actualizar, modificar ou eliminar información e/ou proxectos no programa piloto, incluso limitar ou prohibir o acceso á antedita información e/ou proxectos sen previo aviso. En particular, resérvase o dereito de eliminar, limitar ou bloquear o acceso ás ferramentas en caso de dificultades técnicas que, segundo o noso criterio, poidan comprometer os niveis de seguridade estándar necesarios para o funcionamiento axeitado das anteditas ferramentas.
As persoas usuarias do servizo piloto comprométense a respectar os dereitos de terceiros, este Aviso Legal e Condicións de Uso, así como as seguintes obrigacións:
a) Non publicar comentarios, opinións ou ligazóns en blogs públicos, redes sociais, ou vínculos que violen o dereito ao honor de terceiros ou o segredo das comunicacións.
b) A inclusión de contido relacionado con datos persoais de terceiros, imaxes, música, vídeos, textos ou outros elementos suxeitos a dereitos de autor debe contar coa debida autorización e non infrinxir ningunha lei, contrato ou propiedade de terceiros.
c) As persoas usuarias rexistradas autorizan á Xunta de Galicia a visualizar e rexistrar os seus comentarios e opinións, incluíndo datos persoais, para a xestión e control das ferramentas.
Estas autorizacións son revogables e a súa revogación implicará a eliminación automática da persoa usuaria.
As persoas usuarias ceden os dereitos de propiedade intelectual á Xunta de Galicia sobre os comentarios ou suxestións, permitindo a súa inclusión en futuras versións do proxecto.
d) Non se permite enviar nin difundir información que poida perturbar o uso normal das ferramentas do programa piloto.
Propiedade Intelectual e Industrial
A Xunta de Galicia é propietaria de parte das ferramentas que conforman este servizo Beta - Testing “Xente Nova QR” e ten licenza para os contidos que non son da súa propiedade. O acceso ao servizo non outorga dereitos nin titularidade sobre a propiedade intelectual e industrial dos contidos.
O servizo está protexido polas leis de propiedade intelectual e industrial, incluíndo dereitos de autor, patentes, segredos comerciais, marcas e outros dereitos. Queda estritamente prohibida a súa distribución, reprodución, transmisión, comunicación, modificación, transformación, rexistro ou arquivo sen autorización previa, excepto o permitido por estas Condicións de Uso.
Os dereitos de propiedade intelectual do servizo e ferramentas, das pantallas desta páxina, da información e do material están en mans da Xunta de Galicia, a menos que se indique o contrario. Non se permite reproducir, modificar, exhibir, vender, comunicar, transformar, distribuír ou usar o contido sen autorización.
Non está permitido eliminar ou manipular o aviso de dereitos de autor ("copyright"). A Xunta de Galicia resérvase o dereito de tomar medidas legais contra quen viole os dereitos de propiedade intelectual e industrial.
Protección de Datos Persoais
As persoas usuarias deste servizo teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo en que poden exercitar os dereitos, o contacto cos Delegados e Delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: Información sobre protección de datos persoais (https://www.xunta.gal/informacion-xeneral-proteccion-datos)..
Uso de linguas
O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o servizo posibilitará o acceso aos seus contidos e ferranebtas, como mínimo, en galego e castelán.
Lexislación Aplicable
Para toda cuestión litixiosa ou que ateña a este servizo, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados con este servizo, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.