AVISO IMPORTANTE: A NOVA ESTACIÓN DE AUTOBUSES DA INTERMODAL DA CORUÑA ENTRARÁ EN FUNCIONAMENTO O 3 DE NOVEMBRO

Xov, 22/10/2026

A Xunta porá en funcionamento a nova terminal de autobuses da Estación Intermodal da Coruña o vindeiro martes 3 de novembro.

A partir desa data, todos os servizos de autobús interurbano trasladaranse á nova estación.

Os novos itinerarios dos servizos detállanse na presentación que se pode descargar neste enlace.

Para facilitar a planificación das viaxes, xa están dispoñibles para a súa consulta os horarios dos servizos do Transporte Publico de Galicia na Estación Intermodal da Coruña a partir do día da apertura.

As persoas usuarias poden consultar estes horarios no buscador desta páxina, seleccionando a parada A Coruña E.I.