Xov, 22/10/2026
A Xunta porá en funcionamento a nova terminal de autobuses da Estación Intermodal da Coruña o vindeiro martes 3 de novembro.
A partir desa data, todos os servizos de autobús interurbano trasladaranse á nova estación.
Os novos itinerarios dos servizos detállanse na presentación que se pode descargar neste enlace.
Para facilitar a planificación das viaxes, xa están dispoñibles para a súa consulta os horarios dos servizos do Transporte Publico de Galicia na Estación Intermodal da Coruña a partir do día da apertura.
As persoas usuarias poden consultar estes horarios no buscador desta páxina, seleccionando a parada A Coruña E.I.