A XUNTA INFORMA DE VARIACIÓNS PUNTUAIS NOS SERVIZOS POR OBRAS NO CONCELLO DE TABOADELA

Mér, 08/07/2026

A Xunta de Galicia informa ás persoas usuarias que debido á realización de obras na estrada OU-0515 no concello de Taboadela, os servizos de transporte público por estrada poden sufrir variacións puntuais de horario e de percorrido entre os días 12 de xullo e 30 de agosto.