Mér, 08/07/2026
A Xunta de Galicia informa ás persoas usuarias que debido á celebración do Rally Subida Ribeira Sacra en Chantada, os servizos de transporte público por estrada poden sufrir variacións puntuais de horario e de percorrido polo corte de estradas.
Pode consultarse o horario e o percorrido das probas na web https://www.subidaribeirasacra.com/ ou contactando coas empresas responsables da prestación dos servizos de transporte público.