A XUNTA INFORMA DE VARIACIÓNS PUNTUAIS NOS SERVIZOS POLO RALLY SUBIDA RIBEIRA SACRA DE CHANTADA OS DÍAS 10, 11 e 12 DE XULLO

Mér, 08/07/2026

A Xunta de Galicia informa ás persoas usuarias que debido á celebración do Rally  Subida Ribeira Sacra en Chantada, os servizos de transporte público por estrada poden sufrir variacións puntuais de horario e de percorrido polo corte de estradas.

Pode consultarse o horario e o percorrido das probas na web https://www.subidaribeirasacra.com/  ou contactando coas empresas responsables da prestación dos servizos de transporte público.