A XUNTA INFORMA DE VARIACIÓNS PUNTUAIS NOS SERVIZOS POLA CELEBRACIÓN DAS FESTAS DE OURENSE

Ven, 12/06/2026

A Xunta informa ás persoas usuarias de que, con motivo do peche de diversas rúas pola celebración das festas de Ourense, poderán producirse modificacións nos percorridos e nos horarios dos servizos de transporte que circulan pola cidade de Ourense entre os días 15 e 22 de xuño.

Recoméndase ás persoas usuarias que consulten previamente a información actualizada sobre posibles incidencias ou alteracións nos servizos antes de realizar os seus desprazamentos.