Ven, 09/05/2025
A Xunta incorpora desde o próximo martes, día 13, unha nova parada de autobús no lugar da Piroga, en Vimianzo, en sete liñas que conectan coa Coruña e Santiago de Compostela.
- XG811010 Camariñas-Santiago E.I.
- XG811011 Vimianzo-Santiago E.I.
- XG848011 Entrexardíns-Fisterra
- XG848016 A Coruña E.A.-Ronda de Outeiro-Vimianzo-Muxía
- XG848021 A Coruña E.A.-Vimianzo-Muxía
- XG848022 A Coruña E.A.-Cabo Fisterra
- XG848024 A Coruña E.A.-Fisterra
A nova parada atópase na estrada AC-552 ao seu paso polo núcleo da Piroga, concretamente nas seguintes coordenadas (43.1485, -8.9672).
A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.