Mar, 15/04/2025
A Xunta adapta desde o próximo luns, día 21, o itinerario da liña XG630027 entre Lousame e Noia para optimizar os servizos que empregan os estudantes do instituto.
A liña Cruce Cerquides-Noia E.A. incorpora unha parada no lugar de Saramagoso que pasará a ser a cabeceira da liña e a parada no lugar de Silvarredonda, que se prestaba baixo demanda, pasa a ser fixa.
A información actualizada sobre os servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.