Ven, 28/03/2025
As liñas de bus que teñen como orixe ou destino o Hospital Abente y Lago modificarán o seu percorrido a partir do 1 de abril. Así, no lugar de circular pola Avenida da Mariña, farano pola Avenida do Porto, onde se habilitaron paradas provisionais á altura do edificio de La Terraza, para os dous sentidos de circulación.
Así mesmo, a parada do Hospital Abente y Lago trasladarase á parada do Castelo de Santo Antón, na antiga plataforma das Ánimas.
As liñas afectadas por estes cambios son as seguintes:
- XG881012 Hospital Abente y Lago-Aeroporto da Coruña
- XG881039 Hospital Abente y Lago-Sta. María de Vigo
- XG881040 Hospital Abente y Lago-Sada hotel Sada Palace
- XG881041 Hospital Abente y Lago-Cambre-A Patiña II
- XG881071 Sta. María de Vigo-Hospital Abente y Lago
- XG881072 Sada hotel Sada Palace-Hospital Abente y Lago
- XG881073 A Patiña II-Cambre-Hospital Abente y Lago
Recoméndase que as persoas usuarias consulten posibles variacións que se poidan producir e a información publicada pola empresa responsable do servizo.