A XUNTA INFORMA DAS POSIBLES AFECCIÓNS DEBIDO ÁS OBRAS QUE SE ESTÁN REALIZANDO NOS CANTÓNS, NA CIDADE DA CORUÑA

Ven, 28/03/2025

As liñas de bus que teñen como orixe ou destino o Hospital Abente y Lago modificarán o seu percorrido a partir do 1 de abril. Así, no lugar de circular pola Avenida da Mariña, farano pola Avenida do Porto, onde se habilitaron paradas provisionais á altura do edificio de La Terraza, para os dous sentidos de circulación.

Así mesmo, a parada do Hospital Abente y Lago  trasladarase á parada do Castelo de Santo Antón, na antiga plataforma das Ánimas.

As liñas afectadas por estes cambios son as seguintes:

  • XG881012 Hospital Abente y Lago-Aeroporto da Coruña
  • XG881039 Hospital Abente y Lago-Sta. María de Vigo
  • XG881040 Hospital Abente y Lago-Sada hotel Sada Palace
  • XG881041 Hospital Abente y Lago-Cambre-A Patiña II
  • XG881071 Sta. María de Vigo-Hospital Abente y Lago
  • XG881072 Sada hotel Sada Palace-Hospital Abente y Lago
  • XG881073 A Patiña II-Cambre-Hospital Abente y Lago

Recoméndase que as persoas usuarias consulten posibles variacións que se poidan producir e a información publicada pola empresa responsable do servizo.