AVISO IMPORTANTE: NOVIDADES NA APP DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA

Lun, 21/11/2022

XA ESTÁ DISPOÑIBLE A NOVA VERSIÓN DA APLICACIÓN MÓBIL DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA

Esta nova versión busca mellorar a experiencia das persoas usuarias e facilitar o uso do transporte público de viaxeiros. En concreto incorpora as seguintes novidades:

  • Melloras no planificador de viaxes:
    • Integración do buscador coa oferta de transporte público
    • Visualización das tarifas aplicables aos orixes e destinos elixidos, tanto se se realiza o pago en efectivo ou mediante a tarxeta de transporte (Tarxeta da Mobilidade de Galicia ou Tarxeta Xente Nova).
  • Melloras na usabilidade e na accesibilidade
    • Cambio completo da apariencia da aplicación ofrecendo unha imaxe mais moderna e amigable.
    • Renovación da imaxe corporativa e dos textos asociados

Xa se está traballando nunha nova versión da aplicación, que incluirá, en fase de probas, información en tempo real dalgúns servizos de transporte público.

Descarga a APP: