Lun, 21/11/2022
XA ESTÁ DISPOÑIBLE A NOVA VERSIÓN DA APLICACIÓN MÓBIL DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA
Esta nova versión busca mellorar a experiencia das persoas usuarias e facilitar o uso do transporte público de viaxeiros. En concreto incorpora as seguintes novidades:
- Melloras no planificador de viaxes:
- Integración do buscador coa oferta de transporte público
- Visualización das tarifas aplicables aos orixes e destinos elixidos, tanto se se realiza o pago en efectivo ou mediante a tarxeta de transporte (Tarxeta da Mobilidade de Galicia ou Tarxeta Xente Nova).
- Melloras na usabilidade e na accesibilidade
- Cambio completo da apariencia da aplicación ofrecendo unha imaxe mais moderna e amigable.
- Renovación da imaxe corporativa e dos textos asociados
Xa se está traballando nunha nova versión da aplicación, que incluirá, en fase de probas, información en tempo real dalgúns servizos de transporte público.
Descarga a APP: