Si, se finalmente non vai viaxar deberá anular a reserva. Se non o fixese, outras persoas poderán quedar sen praza.
Para facer a anulación, tan só deberá volver chamar ao mesmo número de teléfono. Se é posible, deberá indicar o número de confirmación da súa reserva.
Tamén pode facer a anulación enviando o correo electrónico no que se lle confirmou a súa reserva ao enderezo baixodemanda [at] xunta.gal.