Grazas á colaboración administrativa e á coordinación entre modos de transporte público, co obxectivo final de garantir un servizo de transporte público moderno e de calidade tanto nas áreas urbanas coma no rural.
A implantación da ATG realizarase a través da sinatura de convenios bilaterais entre as administracións locais de Galicia e a Consellería de Infraestrutura e Mobilidade. As persoas usuarias contarán con unha tarifa unificada, melloras na conexión coa rede de transporte público e novos beneficios tarifarios:
- BONIFICACIONS POR TRANSBORDO: os transbordos serán gratuítos para as persoas usuarias, o custo dos transbordos serán asumidos integramente pola Xunta de Galicia.
- VIAXES LOCAIS (dentro dun mesmo municipio)
- A bonificación zonal é asumida ao 100% polos concellos cando se trate de concellos que deben ofrecer o servizo de transporte urbano.
- A bonificación zonal é asumida nun 80% pola Xunta de Galicia e 20% restante ao concello cando se trate de concellos que non estean obrigados legalmente a ofrecer o servizo de transporte urbano.
- VIAXES INTERMUNICIPAIS (entre municipios)
- A bonificación zonal é asumida ao 100% pola Xunta de Galicia no caso dos concellos que deben ofrecer o servizo de transporte urbano.
- A bonificación zonal é que, é asumida nun 80% pola Xunta de Galicia e o 20% ao concello, nos concellos que non veñan legalmente obrigados a ofrecer o servizo de tranporte urbano.