Área transporte Galicia - ATG

Área de Transporte de Galicia é unha área de transporte única que suporá a extensión das vantaxes das que se dispón nas actuais Áreas de Transporte Metropolitano a todo o ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. 
A posta en marcha da ATG suporá a ordenación dos servizos de transporte público para integrar a toda a comunidade á rede de servizos  baixo un esquema tarifario unificado e bonificado.

Grazas á colaboración administrativa e á coordinación entre modos de transporte público, co obxectivo final de garantir un servizo de transporte público moderno e de calidade tanto nas áreas urbanas coma no rural. 
A implantación da ATG realizarase a través da sinatura de convenios bilaterais entre as administracións locais de Galicia e a Consellería de Infraestrutura e Mobilidade. As persoas usuarias contarán con unha tarifa unificada, melloras na conexión coa rede de transporte público e novos beneficios tarifarios:

  • BONIFICACIONS POR TRANSBORDO: os transbordos serán gratuítos para as persoas usuarias, o custo dos transbordos serán asumidos integramente pola Xunta de Galicia.
  • VIAXES LOCAIS (dentro dun mesmo municipio) 
    • A bonificación zonal é asumida ao 100% polos concellos cando se trate de concellos que deben ofrecer o servizo de transporte urbano.
    • A bonificación zonal é asumida nun 80% pola Xunta de Galicia e 20% restante ao concello cando se trate de concellos que non estean obrigados legalmente a ofrecer o servizo de transporte urbano. 
  • VIAXES INTERMUNICIPAIS  (entre municipios) 
    • A bonificación zonal é asumida ao 100% pola Xunta de Galicia no caso dos concellos que deben ofrecer o servizo de transporte urbano.
    • A bonificación zonal é que, é asumida nun 80% pola Xunta de Galicia e o 20% ao concello, nos concellos que non veñan legalmente obrigados a ofrecer o servizo de tranporte urbano.
       

Neste apartado poderá acceder á información dos convenios que formalicen a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e os diferentes concellos que se vaian adherindo a este proxecto de mellora do transporte público.

Actualmente aínda non se formalizou ningún convenio. Non obstante, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade formalizou convenios cos seguintes concellos nos que xa anticipa bonificacións nas tarifas que pagan as persoas usuarias como as previstas na ATG

  • Ribeira
  • Barbadás 
  • Pontevedra