A XUNTA REFORZA OS SERVIZOS DE AUTOBÚS DE FISTERRA A CAMARIÑAS PARA ATENDER AOS ALUMNOS DE MUXÍA

Lun, 20/02/2023

A XUNTA REFORZA DESDE O DÍA 23 OS SERVIZOS DE AUTOBÚS DE FISTERRA A CAMARIÑAS PARA ATENDER AOS ALUMNOS DE MUXÍA QUE ESTUDAN BACHARELATO E FP EN CEE

Este reforzo facilitará principalmente os desprazamentos dos alumnos de Muxía que estudan bacharelato e FP nos institutos IES Agra de Raíces e IES Fernando Blanco, en Cee. 

Na liña entre Fisterra e Camariñas, na que os estudantes de Muxía contaban xa cun servizo á primeira hora da mañá que lles permite chegar ás clases nos institutos de Cee, habilítanse dous servizos de volta para o regreso ao remate das xornadas lectivas da mañá e da tarde. 

Así, á saída do mediodía contarán cun autobús que partirá desde Fisterra ás 14,15 horas e terá parada en Cee ás 14,30 horas, continuando cara a Muxía e Camariñas. Ademais, o luns pola tarde créase unha nova expedición con saída ás 18,15 horas de Fisterra que pasará por Cee ás 18,30 horas.