A XUNTA REFORZA OS SERIVZOS DE AUTOBÚS AO IES DE BRIÓN

Mér, 13/04/2022

A XUNTA REFORZA DESDE O MARTES 19 DE ABRIL OS SERVIZOS DE AUTOBÚS AO IES DE BRIÓN CUNHA NOVA PARADA NO INSTITUTO

A Xunta activará o vindeiro martes, 19 de abril, unha nova liña de autobús entre Santiago de Compostela e Brión que engade unha parada no instituto coa que se reforzan os servizos ao centro.

A nova liña contará cun servizo en horario de entrada ao instituto durante a época lectiva, con saída de Santiago de Compostela ás 7,45 horas e parada no centro ás 8,15 horas, dez minutos antes do comezo das clases.

Esta mellora nos servizos atende a solicitude trasladada pola ANPA do IES de Brión, para favorecer os desprazamentos principalmente do alumnado que procede de núcleos de poboación de fóra do termo municipal de Brión. Cómpre sinalar que o instituto imparte ESO, Bacharelato e FP.