A XUNTA REFORZA A LIÑA DE AUTOBÚS QUE CONECTA FERROL CON MIÑO E BETANZOS

Lun, 25/04/2022

A XUNTA REFORZA DESDE O VENRES 29 DE ABRIL A LIÑA DE AUTOBÚS QUE CONECTA FERROL COAS LOCALIDADES DE MIÑO E BETANZOS

A Xunta reorganiza desde o venres, 29 de abril, unha das liñas de autobús da oferta de servizos de transporte público por estrada que conectan Ferrol coas localidades de Miño, Paderne e Betanzos.

Esta nova modificación forma parte dos traballos de seguimento continuo que a Dirección Xeral de Mobilidade mantén do Plan de Transporte Público de Galicia para adaptar a configuración da oferta actual de transporte público ás cambiantes condicións da demanda e necesidades de desprazamento da cidadanía.

  • A mellora consiste na ampliación ata Betanzos da liña que presta servizo de luns a venres entre Miño e Ferrol que amplía o seu percorrido para atender as necesidades de desprazamentos entre as poboacións intermedias.
  • A nova configuración dos servizos incrementa así unha nova expedición de luns a venres na oferta de transporte público dispoñible para as poboacións de Paderne e Betanzos.