A Xunta reforza desde o luns 24 de xaneiro os servizos de autobús entre Ferrol e A Coruña por estrada

Mér, 19/01/2022

A Xunta reforza desde o luns 24 de xaneiro os servizos de autobús entre Ferrol e A Coruña por estrada, para atender as poboacións intermedias

  • Aténdese así a petición dos usuarios e dos concellos de reforzar as comunicacións dos municipios intermedios, tras a activación, o pasado 10 de xaneiro, de 55 novos servizos directos entre A Coruña e Ferrol.
  • As novas adecuacións céntranse, principalmente, na circulación por estrada de frecuencias concretas e na adecuación de servizos aos horarios dos institutos.
  • Préstase especial atención ás necesidades dos estudantes de secundaria e FP que realizan viaxes entre os municipios de Ferrol, Ares, Mugardos, Pontedeume, Miño e Betanzos, entre outros.

As peticións trasladadas polos usuarios nos primeiros días de funcionamento da reestruturación das liñas que conectan as dúas cidades permitiron traballar coa maior axilidade nas posibilidades de axuste na nova oferta que potenciou, desde o pasado día 10 de xaneiro, os servizos directos por autoestrada. As novas necesidades achegadas refírense a traxectos por estrada e a servizos concretos nos concellos da contorna en horas de alta demanda.

Xa se pode consultar a información da concesionaria sobre os novos horarios no enlace: http://www.monbus.es/gl/novas/367/actualizacion-dos-servizos-da-xg871/, e dende o día 24 estarán dispoñibles no buscador de bus.gal