A liña XG630009 A Picota – Pino do Val – Viladomonte – Noia E.A. contará coas paradas Barreira e Tarás e a liña XG630011 Pino do Val – Noia E.A contemplará paso polas paradas Famelga e S.Lorenzo-Carreira.
Estas modificacións non afectarán aos tempos establecidos, preservando así a organización dos traxectos das persoas usuarias.
Con esta modificación, a Xunta de Galicia dá resposta ás demandas do concello de Outes, que propuña unha serie de cambios para optimizar os servizos para os veciños do municipio, concretamente para o colectivo estudantil que se despraza dende San Lourenzo e dende Tarás cara o seu centro de ensino.
A información relativa a estes servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.