A XUNTA MELLORA DENDE ESTA FIN DE SEMANA DE AGOSTO A FRECUENCIA DOS SERVIZOS NOCTURNOS DE AUTOBÚS ENTRE O GROVE E PONTEVEDRA, CO AXUSTE DE DOUS HORARIOS NA MADRUGADA DOS DOMINGOS

Ven, 04/08/2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade modifica dende o domingo día 6 de agosto a frecuencia dos servizos nocturnos de autobús entre O Grove e Pontevedra, co axuste de dous horarios na madrugada dos domingos.

Modifícanse os horarios das seguintes expedicións:

-XG62602501007    O Grove E.A. - Pontevedra E.A. por PO308, se modifica o horario de saída dende O Grove pasando das 7:30 ás 5:00. O horario de chegada pasará a ser ás 5:58.

-XG62602501017    O Grove E.A. - Pontevedra E.A. por PO308, se modifica o horario de saída dende Pontevedra pasando das 5:00 ás 4:00. O horario de chegada pasará a ser ás 4:58.

A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.