A XUNTA INFORMA DO TRASLADO TEMPORAL DA PARADA ALFONSO MOLINA ELVIÑA POLAS OBRAS NA AVENIDA ALFONSO MOLINA DA CORUÑA

Ven, 03/07/2026

A Xunta de Galicia informa de que a parada Alfonso Molina Elviña traslada temporalmente a súa localización, desde o luns día 6 de xullo, por mor das obras do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible na avenida Alfonso Molina. 

Mentres duren os traballos, previstos ata o 15 de setembro, a parada do autobús interurbano en sentido de saída da cidade realizarase uns 300 metros antes, no espazo habilitado á altura do concesionario de automóbiles de Seat. 

A localización da parada será a seguinte: https://maps.app.goo.gl/FYqkBeR6WnkxyLFy6 

A información actualizada sobre os servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.