A XUNTA INFORMA DE VARIACIÓNS PUNTUAIS POLO RALLY DE OURENSE NOS SERVIZOS OS DÍAS 13 e 14 DE XUÑO

Mar, 10/06/2025

A Xunta de Galicia informa ás persoas usuarias que debido á celebración do Rally de Ourense na provincia de Ourense, os servizos de transporte público por estrada poden sufrir variacións puntuais de horario e de percorrido polo corte de estradas.

Pode consultarse o horario e o percorrido das probas na web https://www.rallyeourense.es/  ou contactando coas empresas responsables da prestación dos servizos de transporte público.