A XUNTA INFORMA DE VARIACIÓNS PUNTUAIS POLA PROBA DEPORTIVA O GRAN CAMIÑO OS DÍAS 27 E 28 DE FEBREIRO E O 1 E 2 DE MARZO

Mar, 25/02/2025

A Xunta de Galicia informa ás persoas usuarias que debido á celebración da volta ciclista O Gran Camiño, os servizos de transporte público por estrada poden sufrir variacións puntuais de horario e de percorrido polo corte de estradas segundo a provincia pola que circulan:

  • Día 27 de febreiro: percorrido pola provincia de Pontevedra.
  • Día 28 de febreiro: percorrido pola provincia de Ourense.
  • Día 1 de marzo: percorrido pola provincia de Lugo.
  • Día 2 de marzo: percorrido pola provincia da Coruña.

Pode consultarse o horario e o percorrido das probas na web  https://ograncamino.gal/?lang=gl.

A Xunta de Galicia, en colaboración coas empresas concesionarias do servizo, está traballando no establecemento de rutas alternativas para a prestación dos servizos integrados.