Ven, 10/04/2026
A Xunta de Galicia informa ás persoas usuarias que debido á celebración da volta ciclista O Gran Camiño, os servizos de transporte público por estrada poden sufrir variacións puntuais de horario e de percorrido polo corte de estradas segundo a provincia pola que circulan:
- Día 14 de abril: percorrido pola cidade da Coruña.
- Día 15 de abril: percorrido pola provincia de Lugo.
- Día 16 de abril: percorrido pola provincia da Coruña.
- Día 17 de abril: percorrido pola provincia de Ourense.
- Día 18 de abril: percorrido pola provincia de Pontevedra.
Pode consultarse o horario e o percorrido das probas na web https://ograncamino.gal/?lang=gl
A Xunta de Galicia, en colaboración coas empresas concesionarias do servizo, está traballando no establecemento de rutas alternativas para a prestación dos servizos.