Mar, 21/07/2026
A Xunta informa ás persoas usuarias de que, con motivo do peche de diversas rúas pola celebración das festas do barrio da Ponte en Ourense, poderán producirse modificacións nos percorridos e nos horarios dos servizos de transporte que circulan pola cidade de Ourense entre os días 23 e 26 de xullo.
Así mesmo, infórmase de que a parada na estación intermodal de Ourense se realizará en tódolos servizos, podendo sufrir variacións de horario.
Recoméndase ás persoas usuarias que consulten previamente a información actualizada sobre posibles incidencias ou alteracións nos servizos antes de realizar os seus desprazamentos.