A XUNTA INFORMA DE VARIACIÓNS PUNTUAIS NOS SERVIZOS A PARTIR DO DÍA 24 DE AGOSTO POR OBRAS NO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Lun, 17/08/2026

Con motivo de obras de rehabilitación da calzada, a partir do día 24 de agosto quedará anulada a parada de Praza de Galicia, na cidade de Pontevedra.

Polo tanto, recoméndase utilizar como paradas alternativas as xa existentes na avenida de María Victoria Moreno, á altura da Xunta de Galicia.

As liñas afectadas por esta modificación son as seguintes:

  • XG623010. Pontevedra (Praza de Galicia)-Ourense (X)
  • XG628001. Marín-Residencia Montecelo
  • XG628004. A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A.
  • XG628006. Ponte Bora (ITV)-Parada
  • XG628007. Marín-Praza de Galicia (marquesiña)
  • XG628009. Pontevedra E.A.-Soutonovo
  • XG628029. Soutonovo-Pontevedra E.A.
  • XG628033. PO:Praza Galicia-Montecelo-Monteporreiro (Circular L2)
  • XG817035. Pontevedra-Vigo (por AP-9 e Torrecedeira)
  • XG817072. Ponte da Barca-Pontevedra (X)

Prevese que a parada volva estar operativa a partir do día 11 de setembro.