Xov, 12/02/2026
A Xunta de Galicia informa ás persoas usuarias que debido ás celebracións do Entroido nas vilas e cidades de Galicia, os servizos de transporte público por estrada poden sufrir variacións puntuais polo corte de estradas.
Recoméndase que as persoas usuarias que vaian viaxar durante as celebracións consulten os posibles desvíos de tráfico previstos polos concellos ou contacten coas empresas responsables da prestación dos servizos de transporte público.