A XUNTA INFORMA DE VARIACIÓNS PUNTUAIS DOS SERVIZOS POR OBRAS NA CONTORNA DA PRAZA DE GALICIA, EN PONTEVEDRA, ATA O VENRES 18

Lun, 14/09/2026

Con motivo das obras de rehabilitación de firmes na contorna da Praza de Galicia, na cidade de Pontevedra, o acceso a marquesiña de autobús verase afectado ata o venres 18 de setembro. 

Permítese o acceso parcial dos buses á dársena da Praza de Galicia dende Xeneral Rubín cara a Alcalde Hevia e Eduardo Pondal.