A XUNTA INFORMA DE POSIBLES ATRASOS POR OBRAS NOS SERVIZOS DE BUS ENTRE OURENSE E O BARCO DE VALDEORRAS

Xov, 26/03/2026

Debido ás obras de mellora que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible está a realizar no firme da estrada N-120, os servizos de autobús que circulan por esta estrada e en concreto as liñas entre Ourense e o Barco de Valdeorras poden sufrir demora no tempo de percorrido estimado.

A Xunta lamenta as molestias e recomenda ás persoas usuarios adecuar a planificación das viaxes mentres duren os traballos.