A XUNTA INFORMA DE MODIFICACIÓNS NOS SERVIZOS DE AUTOBÚS POLA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN EN OURENSE

Ven, 30/10/2026

A XUNTA INFORMA DE MODIFICACIÓNS NOS SERVIZOS DE AUTOBÚS POLA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN EN OURENSE

Con motivo da celebración do Samaín na cidade de Ourense e das restricións de tráfico previstas, o sábado 31 de outubro, a partir das 17:00 horas, modificaranse os percorridos dos servizos de autobús que conectan Ourense cos concellos da súa contorna.

Servizos con destino a Ourense:

  • De 17:00 a 21:00 horas: os autobuses con parada na Alameda desviaranse pola parte posterior da Alameda e pola rúa Parada Justel.
  • A partir das 21:00 horas: os autobuses circularán desde o Xardín do Posío polas rúas da Coruña e Pena Trevinca, continuando pola avenida da Habana.

Servizos con saída de Ourense:

  • A partir das 17:00 horas: quedarán temporalmente suprimidas as paradas da Alameda, Xardín do Posío e avenida de Zamora, 34.Os autobuses modificarán o seu percorrido para circular polas rúas Xoán XXIII, Celso Emilio Ferreiro e da Coruña.

Para máis información, as persoas usuarias poden contactar coa empresa responsable da prestación do servizo no teléfono 988 371 235.