A XUNTA IMPLANTA MELLORAS NOS SERVIZOS DE TRANSPORTE EN PONTEAREAS

Mér, 31/08/2022

A XUNTA PON EN FUNCIONAMENTO ESTE VENRES NOVOS SERVIZOS DE AUTOBÚS A DEMANDA NA FOZARA E NA LOMBA, NO CONCELLO DE PONTEAREAS

A Xunta activará este venres, día 2 de setembro, novos servizos de autobús a demanda en Fozara e A Lomba, na parroquia de San Bartolomeu de Fozara, no concello de Ponteareas

Máis en concreto, a ampliación dos servizo da autobús da Xunta realizase mediante unha nova configuración da actual ruta Paredes-Ponteareas, engadíndose ao inicio da liña novas paradas na Lomba e Fozara. A nova liña de autobús pasará a converterse na ruta A Lomba-Ponteareas estación de autobuses.

A prestación deste novo servizo a demanda dos autobuses da Xunta require a reserva previa de praza por parte dos usuarios.  A nova ruta terá saída da Lomba ás 9:11 horas de luns a venres, e os sábados ás 8:56 horas, excepto os días festivos.

A Xunta dá así resposta ás necesidades de desprazamento dos veciños destes núcleos, mediante unha nova configuración e ampliación da oferta estendendo a cobertura dos servizos de transporte interurbano por estrada neste municipio pontevedrés.