Xov, 19/09/2024
Estes servizos, que estarán operativos nas noites do 20, 21 e 22 de setembro, conectarán Xinzo de Limia coa Saínza e contarán con dúas frecuencias para ambos os dous sentidos. Tratarase de servizos directos cunha duración estimada de 15 minutos.
Para a ida, disporase de dúas opcións de viaxe con saída da Estación de Autobuses de Xinzo de Limia ás 21:00 e 23:00 horas e, para a volta, disporase de dous servizos con saídas dende A Saínza ás 2:30 e 3:30 horas.
As persoas interesadas poderán consultar na plataforma habilitada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, www.bus.gal a oferta de servizos actualizada para organizar os seus desprazamentos con maior facilidade.