O servizo con saída ás 21:30 horas de Ramallosa e destino O Espiño atrasará a súa saída en 15 minutos para facilitar enlace dos usuarios procedentes de Santiago de Compostela que se dirixan cara A Grela nesa franxa horaria.
Así, dende o próximo luns 29 de abril, a expedición da liña O Espiño-Ramallosa, operativa de luns a venres, pasará a saír ás 21:45 horas de Ramallosa , permitindo así ás persoas usuarias do servizo da liña A Estrada E.A. – Montouto – Santiago E.I., con saída ás 21:15 horas de Santiago E.I. e hora de paso por Ramallosa ás 21:31 horas, contar con maior marxe temporal para poder realizar o transbordo.
A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.