A XUNTA DE GALICIA COMUNICA A SUPRESIÓN TEMPORAL DA PARADA DA PONTE NAFONSO

Lun, 29/01/2024

A Xunta de Galicia comunica ás persoas usuarias que a partir do 29 de xaneiro de 2024 quedará suspendido de maneira temporal o servizo na parada da Ponte Nafonso nas seguintes rutas:

  • XG81700501 A Coruña-AP9-Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros
  • XG81700502 Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros
  • XG81707701 Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros San Caetano
  • XG81708601 Santiago-Noia-Muros-Cee-Fisterra
  • XG81708701 Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros-Cee-Fisterra
  • XG81709001 Santiago-AG56-Urdilde-Noia-Muros por San Caetano

A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.