Con motivo das celebracións do Nadal na cidade de Vigo vaise proceder á realización de cortes de tráfico no centro da cidade que obrigarán á modificación dos actuais percorridos de saída dende a estación de autobuses.
Os autobuses procedentes da estación de autobuses que baixen por Alfonso XIII deberán desviarse por García Barbón ata Isaac Peral como se indica no mapa a continuación.
O obxectivo é reducir o paso de tráfico voluminoso polo cruce de Colón nos horarios de 17:00 a 23:30 horas e nos días de máxima afluencia que son os seguintes:
DÍAS DE MÁXIMA AFLUENCIA. CORTES DE TRÁFICO de 17:00-23:30
Novembro 2024: 16,17,22,23,24,29, 30
Decembro 2024: 1, 2, 3, 4, 5, 6 ,7, 8, 13,14,15, 20, 21,22,23,24,25,26,27,28,29,30,31
Xaneiro 2025: 1, 2,3,4,5,6,10,11,12.
A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.