A XUNTA COMUNICA O CAMBIO DE LOCALIZACIÓN DA PARADA SAN FRANCISCO E.F. NA CIDADE DE OURENSE

Ven, 06/03/2026

Debido ao corte de tráfico da rúa Pena Trevinca, a liña XG644002 Viloira-O Barco de Valdeorras E.A.-San Francisco E.F.-Ourense E.I. pasará a facer parada no Xardín do Posío ao non poder acceder á parada San Francisco E.F.  ata o remate das obras.

A localización da parada alternativa é a seguinte: https://maps.app.goo.gl/cZQpfiAiwHaXC1zq7

Para acceder a información actualizada, recoméndase contactar coas empresas operadoras dos servizos.