A XUNTA COMUNICA A ELIMINACIÓN DA LIÑA XG883077 ENTRE VIGO E OS POLIGONOS DA GRANXA E AS GÁNDARAS NO PORRIÑO

Mar, 28/11/2023

Debido ao baixo nivel de demanda de viaxeiros nos 8 servizos da liña XG883077 entre Vigo e os Polígonos de A Granxa e As Gándaras no Porriño procederase á eliminación dos mesmos a partir do vindeiro venres día 1 de decembro incluído.