Lun, 29/01/2024
Con motivo da realización de obras na Av. Portugal en Tui, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade informa de cambios nos percorridos e horarios de paso en liñas das concesións XG883, XG621, XG624 e XG859.
As obras levaranse a cabo dende o luns 5 de febreiro, e as paradas afectadas son Capón, Ponte Internacional, Rafi e Parador (concello de Tui)
Para máis información recoméndase a consulta nas páxinas web dos concesionarios afectados www.monbus.es e www.lugove.com