A XUNTA COMUNICA CAMBIOS NOS ITINERARIOS DA LIÑA L-1 XG628032 ESTACIÓN - A XUNQUEIRA - MONTE PORREIRO AO LONGO DO SÁBADO 11 DE MAIO POR MOR DUNHA PROBA DEPORTIVA NO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Mér, 08/05/2024

Con motivo da proba deportiva que se realizará o vindeiro sábado, día 11 de maio, no concello de Pontevedra, quedarán suprimidas ao longo de todo o día as paradas "A Xunqueira (recinto feiral)" e "Av. Compostela (pavillón municipal)”, nos dous sentidos da liña L-1 XG628032 Estación - A Xunqueira - Monte Porreiro.