A XUNTA COMUNICA CAMBIOS NO ITINERARIO DA LIÑA XG628033 PRAZA GALICIA–MONTECELO-MONTEPORREIRO (CIRCULAR L2) POLA CABALGATA DE REIS O VENRES 5 DE XANEIRO

Mar, 02/01/2024

Con motivo da celebración da Cabalgata de Reis en Pontevedra, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade informa de cambios na liña XG628033 Praza Galicia-Montecelo-Monteporreiro (Circular L2).

O vindeiro venres día 5 de xaneiro de 2024 dende as 16:00 horas e ata a finalización do evento modifícanse as seguintes paradas na liña:

  • Suspensión das paradas seguintes;
    • Av. de Lugo (parada bus)
    • Rúa 12 de Novembro (parada bus)
  • Habilitación das paradas alternativas seguintes;
    • San Mauro (Cemiterio)
    • Glorieta Eduardo Pondal

A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.