Mar, 02/01/2024
Con motivo da execución de obras na rúa Joaquín Costa en Pontevedra, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade informa de cambios na liña XG628002 Castelo-Pintos o vindeiro martes día 9 de xaneiro de 2024:
- Suspensión da parada Joaquín Costa (Hospital)
- Habilitación de parada alternativa en Rúa Hortas (parada bus)
A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.